martes, 29 de marzo de 2011

Tipos de vacas

  • Vacas xustificadoras de  mediocridade:
           Son escusas nas que nos enganamos a nós mesmos e nos conformamos co que  temos sen 
            intentar mellorar ás veces por comodidade ou por medo a que non saia ben.
            Exemplo: Eu non estudo para este exame total,xa o vou suspender.
  • As vacas de " a culpa non é miña"    
         Son escusas nas que sempre buscamos un culpable que en realidade non hai.
         Exemplo: Se  a profesora non me tivera manía, aprobaría.
  • As vacas das falsas creenzas:
        Son excusas nas que nos apoiamos para crer en cousas que non son certas ou en actitudes  doutros
        para xustificarnos.
        Exemplo: Como a miña nai era unha drogadicta,eu por moito que o intente tamén o serei.
  • As vacas que buscan escusar a realidade:
         Cando intentamos buscar escusas e culpables que en realidade non existe.
         Exemplo: Quixera estudar, pero é que non teño tempo.
  • As vacas de impotencia:
         Cando dicimos que algo non se nos dá ben e xa non nos esforzamos en superar eses     .
         obstaculos,simplemente dicimos:Eu non valgo para iso, nunca se me deu ben ou o meu e xenético, a
         miña mai tampouco lle saía.
  • As vacas filosofais:
          Cando nos encargamos a nós mesmos  e non nos molestamos en resolvelo senon en que
          alguén o resolva por nós.
          Exemplo: Se deus quere,xa encontrarei traballo.
  • As vacas de autoengano:
        Cando nos enganamos a nós mesmos pensando que non o podemos facer cando non e así.
         Exemplo: Puidenche gañar, pero non quixen.
   

No hay comentarios:

Publicar un comentario